EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Un percorrido fotográfico polo desfile “O Barco de Moda”

Pola pasarela do Malecón desfilaron preto de 60 cativos e 20 adultos de Valdeorras

Multitude de persoas asistían na tarde-noite do 21 de setembro, á “Pasarela O Barco de Moda Outono-Inverno 2018/19” promovida polo Centro Comercial Aberto.

Ao longo de máis de dúas horas, os asistentes viron desfilar a moitos dos seus veciños: unha vintena de adultos e preto de 60 cativos da vila, seleccionados nun casting previos, lucindo as prendas, calzado e complementos dos comercios participantes. Librería e complementos Murciego, Nº 37, Pizpireta, Can-Can, Costuritas, Anaóptica, Multiópticas Valdeorras, Estética e complementos Pamen, Perruquería Margot, Miranda M, Miranda X, Baamonde, Garoba, o periódico O Sil ano 2000, Ana de la Puente, Koki, D’Chus, Prenda moda curvy, Mercería Mayte e Casabella. Son os comercios que presentaron a pé de rúa, as coleccións outono-inverno en moda, complementos, óptica, estética, perruquería e agasallos.

Conducida pola cantante lucense Lucía Pérez, na gala non faltou a música en directo.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/o-barco-vistese-de-moda-coa-pasarela-outono-inverno-do-centro-comercial-aberto/

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button