EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Un percorrido polos sabores do outono no VIII Concurso Tapa Micolóxica de Trives

É unha das actividades das XXIII Xornadas Micolóxicas organizadas polo Club Montaña Trives

 

Dende onte ás seis da tarde e ata mañá, domingo 5 de novembro, está en marcha a VIII edición do Concurso Tapa Micolóxica, unha das actividades do completo programa das Xornadas organizadas polo Club Montaña Trives que este ano chegan á XXIII edición.

 

 

Nesta edición participacipan 15 establecementos de hostalaría trivesa: Boliche, Manolos, Sky, Quintela, O Bodegón, A Cantina do Catro, O Pan da María, O Pazo San Lorenzo, As Maceiras, O Paiño, O Lar de Alicia, Estacion de Montaña Manzaneda, San Martín, A Masia e Casanova. O prezo da tapa é de 2 euros e serán valoradas por sabor e presentación.

 

 

A entrega de trofeos aos establecementos hostaleiros participantes no Concurso, que concluirá en torno ás 15 horas será en torno ás 18 horas. Os agasallos que se sortearán son: set completo de micoloxía, gran cesta gourmet; unha cea para dúas persoas “e moitas cousas máis”, aseguran dende a organización.

 

Un dos lotes para o sorteo de mañá.

 

XXIII Xornadas Micolóxicas de Trives

Aínda que se estende durante toda a fin de semana, a xornada deste 4 de novembro foi a principal das xornadas. Pola mañá tiña lugar a tradicional charla no Auditorio Julio Vázquez a cargo da Asociación Micolóxica “Os Cogordos”; así como a saída de campo para recoller cogomelos. A mediodía celebrábase o ‘Xantar Gourmet Micolóxico’ no Restaurante La Viuda e pola tarde era a quenda da identificación e clasificación dos cogomelos recollidos, permanecendo expostos ata as 22 horas.

 

 

Mañá abrirase de novo a exposición no patio interior da Casa Grande de 10 a 20 horas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella excepto as dúas últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button