Tres de tres. Moi orgullosa das súas bailarinas se sinte Nuria Reguera, a profesora da Academia de Danza Bayadère do Barco de Valdeorras, trala súa participacion no CND Anaprode celebrado esta fin de semana no Auditorio Municipal de Ourense.

Na xornada do sábado o dúo de Musical lograba o primeiro premio, con pase á fase nacional (aínda que non poderá competir na fase europea xa que unha das nenas non ten idade para a categoría); mentres que o trío de Jazz Fusión, facíase co terceiro premio. E xa na mañá deste domingo 23 de marzo as sete bailarinas de Urbano facíanse con outro terceiro posto.
“Estou moi contenta”, di Nuria, adiantando que a vindeira fin de semana estes tres grupos, ademais de tres sos (dous de clásico e un de lírico) irán a outra competición a Asturias.
Fotos cedidas.