
O profesor Carlos Alberca Piñeiro, da especialidade de Mantemento de Vehículos do IES García Barbón de Verín, vén de realizar unha estancia formativa en Portugal dentro do programa Erasmus+ (2016-1-ES01-KA102-023586).
O socio de acollida foi o Inete (Instituto de Educación Técnica de Lisboa), e a súa directora, Fernanda Torres, e a responsable de proxectos europeos, Ana Baio, as encargadas de amosar as intalacions do centro, a actividade diaria e a organización de visitas a outros centros.
Do conxunto de instalacións nas que desenvolveu a súa experiencia, Alberca Piñeiro destaca o CEPRA (Centro de Formación Profesional da Reparación do Automóbil) sito na periferia de Lisboa, cunha superficie ampla e ben dotado tanto tecnicamente como polo seu persoal. O ATEC, pola súa banda é un centro de formación en Mecatrónica do Automóbil, entre outras especialidades. Eugénio Bastos, Director de Formación Profesional e Carlos Isidro, responsable da area de Mecatrónica do Automóbil, foron os responsables de mostrar as intalacións e recursos do centro, “moi ben dotado grazas a colaboración da marca Volkswagen, que ten unha fábrica próxima ao centro”, explica Carlos Alberca.