CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un proxecto do IES Lauro Olmo do Barco participará esta semana no VII Campionato Galego de FP de Galicia

Jonas Micael Cruz da Rocha, de Ciclo de FP Básico, competirá na categoría de Peiteados e Estética

 

O IES Lauro Olmo do  Barco de Valdeorras participará este ano no VII Campionato Galego de Formación Profesional de Galicia, GaliciaSkills 2023, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de outubro no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda.

 

O profesor, Manuel Graña e o alumno, Jonas Micael
Cruz da Rocha.

 

Trátase dun certame no que mostra o seu talento e formación alumnado de Ciclos de Formación Profesional de toda Galicia e de todos os Ciclos Formativos e, o Lauro Olmo participa coa presenza de Jonas Micael Cruz da Rocha, alumno de Ciclo de FP Básico de Peiteados e Estética.

Organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia. É un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de 27 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.

 

 

As probas son de corte, cor e recollido, o mércores e o xoves, o venres será a entrega de premios e quen gane irá a Madrid á final e Jonas conta co hándicap de cursar a FP Básica. “Veu de Brasil hai dous anos e medio e igual non está tan preparado como se cursara un Ciclo Medio pero é un rapaz cunha actitude moi boa e por iso o eliximos a el”, explica o xefe de Departamento de Imaxe Persoal do instituto, Manuel Graña.

Fotos: IES Lauro Olmo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button