EconomíaEconomíaÚltima hora

Un proxecto europeo impulsa o acceso de empresas da Eurorrexión ao mercado exterior

Internovamarket-food está orientado cara o sector agroalimentario, aberto a novas incorporacións
Socios do proxecto na reunión celebrada onte na CEO.

O programa comunitario Internovamarket-food de aplicación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal pretende ampliar o catálogo de produtos do sector agroalimentario susceptibles de ser comercializados no mercado exterior, segundo acordaron os seus socios na reunión celebrada en Ourense. Tal como avanzan dende a CEO, “proxectan por en marcha novas iniciativas no segundo semestre do ano a través de proxectos sectoriais, que abarcan a todos os ámbitos que interveñen na obtención final dun produto, dende o sistema de traballo ata o marketing”. A tutorización global é gratuíta para as empresas participantes e “aínda poden sumarse a este programa as que así o desexen”.

Así o decidiron os socios do proxecto durante o encontro na CEO para facer seguemento e balance de actividades realizadas ata agora, cunha posta en común do traballo realizado, así como definir obxectivos e accións a levar a cabo no futuro inmediato. Na xuntanza participaron representantes da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, Associação Empresarial de Portugal, Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca), Confederación de Empresarios de Lugo, Confederación Empresarial de Ourense, Associação para a Promoção da Gastronomia e Vinhos, Produtos Regionais e Biodiversidade (Agavi), Confederación Empresarial de Pontevedra, Instituto Politécnico de Bragança e Instituto Politécnico de Viana do Castelo.

Artigos relacionados

Back to top button