EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un proxecto vitivinícola da Rúa, distinguido nos premios TalentA de Corteva e FADEMUR

Andrea Arias, responsable de 'A Santa Viña', foi unha das finalistas desta edición na categoría Muller Rural

 

Andrea Arias, responsable do proxecto A Santa Viña, ubicado no concello ourensán da Rúa, ten sido unha das galardoadas cos premios TalentA; iniciativa creada pola compañía agrícola Corteva e FADEMUR co obxectivo de empoderar ás mulleres da España rural. A emprendedora ourensá foi recoñecida como unha das finalistas desta cuarta edición dos galardóns na categoría de Muller Rural. Un distintivo que recoñece a valía dunha iniciativa baseada na elaboración do primeiro viño tostado de Garnacha Tintoreira.

Máis de 90 candidaturas teñen concorrido aos premios TalentA deste ano; un certame que, ao longo das súas catro edicións, xa suma un total de 300 proxectos. Entre eles ten sido distinguido e recoñecido A Santa Viña, da Rúa. Un proxecto que rescata parcelas abandonadas debido á súa produción baseada na agricultura rexenerativa e ao uso responsable de recursos como, por exemplo, o consumo de auga de choiva no canto de rego.

 

Andrea Arias, responsalbe de ‘A Santa Viña’ co premio.

 

A Santa Viña nace da vontade de crear un produto singular capaz de cubrir o oco detectado nas cartas de viños da maior parte dos restaurantes, que non contan cunha opción específica para maridar os seus postres. Obxectivo co que se crea este viño torrado que destaca polo seu compromiso medioambiental e a súa capacidade de innovación no medio rural galego.

O programa TalentA nace en 2019 co obxectivo de “por de relevo o papel clave que as mulleres rurais desenvolven no sector a apoialas nos seus proxectos a través de formación, visibilidade e financiamento”. Ata o de agora ten sido un éxito, premiando desde a súa creación a emprendedoras de toda España, con proxectos que van desde a produción de cervexa artesanal ou o deshidratado solar de froitas e verduras ata a promoción do benestar animal e a alimentación saudable do gando, entre outros.

Con respecto a esta edición, a presidenta de Fademur, Teresa López, resalta que “reconoce o esforzo que as mulleres realizan no seu día a día, grazas ao cal sobrevive o medio rural, e busca facilitar que as mulleres rurais atopen oportunidades e sexan economicamente independentes”.

Artigos relacionados

Back to top button