DeportesÚltima hora

Un reto ciclista de 426 km e meta en Manzaneda, tatuado na pel

Azael González lembra na súa pel a longa etapa de 426 km que completaba o pasado 26 de agosto

Tatuaxe que vén de realizarse Azael González./ Foto cedida.

 

Tras case 20 horas de duro traxecto (17 delas sobre a bicicleta) e momentos moi difíciles, Azael González Estévez chegaba na tarde do 26 de agosto a Manzaneda. Esta vila constituía a meta dun reto persoal e ciclista de 426 km nunha única etapa, que vía facerse realidade entre os abrazos e o festivo recibimiento da súa familia.

“Quería facer unha etapa que unise á miña familia: saíndo de Cabezón de la Sal (Cantabria), de onde é o meu pai, e chegando a Manzaneda, onde naceu a miña nai. Levo todo o ano preparándoa”, explicaba González Estévez. En total era un percorrido de 426 km e case 5.000 m positivos de desnivel. A etapa completa fíxoa só, pero tamén houbo partes do traxecto nas que estivo acompañado polo seu compañeiro de adestramentos Antonio Arce Ruiz, por exemplo, durante a noite (un dos momentos máis duros) e o treito final ata cruzar a liña de meta.

Agora, Azael González vén de plasmar en forma de tatuaxe este logro persoal no seu brazo, cun deseño que o representa a el mesmo sobre a bicicleta e que lembra a data que se realizou, concretando o percorrido de 426 km “non stop”.

 

Artigos relacionados

Back to top button