ConcellosÚltima hora

Un simulacro de accidente e incendio cortaba ao tráfico o Túnel da Barosa a pasada madrugada

 

Túnel da Barosa. Estrada N-120 no límite entre a comarca de Valdeorras (Rubiá) e a leonesa do Bierzo (en Carucedo). Arredor das 23h. do 11 de maio os servizos de emerxencias recibían a alerta dunha colisión entre un vehículo pesado e un turismo, con necesidade de excarceración e un incendio que se simulará mediante a utilización dunha máquina de fumes quentes e botes de fume.

Era un simulacro, pero o dispositivo de emerxencias (servizos de emerxencias, bombeiros, sanitarios, Garda Civil, xestor do túnel, Protección Civil…) activábase e actuaba como se se tratase dunha situación real. O obxectivo era comprobar a efectividade dos protocolos de actuación e avaliar a coordinación dos servizos de emerxencia nun caso de incendio real. O simulacro resolvíase satisfactoriamente, segundo se facía público.

 

 

Durante a preparación e a realización deste simulacro, cortouse ao tráfico o túnel e as persoas que circulaban por esa estrada entre as 23h. do 11 de maio e as 3:30h., aproximadamente, do 12 de maio tiveron que seguir os desvíos habitilados.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button