EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Un tinto valdeorrés, entre os mellores Viños Atlánticos 2021

 

O Concurso de Viños Atlánticos Internacional vén de facer públicos os nomes dos viños ganadores nesta edición, entre os cales hai un da Denominación de Orixe Valdeorras. Así, o Alán de Val Caíño Longo 2019 vén de facerse co premio na categoría de mellor tinto envellecido.

Neste certame tamén resultaba galardoado un tinto da D.O. Ribeira Sacra, o Prómine 2020 de Adegas Petrón no apartado de mellor viño tinto xove. Ademais resultaban galardoadas outras dúas marcas da D.O. Rías Baixas.

Artigos relacionados

Back to top button