ConcellosEn portadaQuirogaRibas de SilÚltima hora

Un tren de pasaxeiros descarrila entre Valdeorras e Ourense a causa dun desprendemento de terra

Ningún dos máis de 150 pasaxeiros que viaxaban  no convoi resultou ferido

 

Na tarde do venres 26 de agosto descarrilaba entre Valdeorras e Ourense o tren que realizaba o traxecto Barcelona-Vigo (saíase da vía o primeiro eixo da primeira composición).

Tal como informan dende o 112 Galicia, en torno ás 21:30 horas recibían a nova do descarrilamento a través de Adif. Segundo indicaba o seu persoal, os feitos sucederan entre as estacións de San Clodio-Quiroga e Freixeiro, á altura do punto quilométrico 500 da N-120, sen que ningún dos máis de 150 pasaxeiros que viaxaban  no convoi resultase ferido.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Quiroga e de Ribas de Sil e dos axentes da Garda Civil, que colaboraron co persoal de seguridade de Adif no transbordo dos pasaxeiros a outro tren, procedente de Ponferrada, que levou á pasaxe ata a estación de San Clodio, onde esperaban varios autobuses para levar aos pasaxeiros aos seus destinos.

Artigos relacionados

Back to top button