En portadaÚltima hora

Un valdeorrés, nos Xogos Olímpicos de Río

Lucas Mondelo, de orixe barquense, é o seleccionador do equipo español de baloncesto feminino
O seleccionador de orixe valdeorresa, Lucas Mondelo./ Foto: FEB/FIBA.
O seleccionador de orixe valdeorresa, Lucas Mondelo./ Foto: FEB/FIBA.

Son os seus primeiros Xogos Olímpicos. Tras conquistar diferentes podios nacionais e internacionais co equipo español de baloncesto feminino absoluto, entre eles a prata no mundial de Turquía, Lucas Mondelo, afronta agora un novo reto: Río 2016. A selección española dirixida por Mondelo debutaba co vitoria fronte a Serbia, pero encaixaba o seu primeiro revés co denominado “dream team”: Estados Unidos. Xa se medira con el nas finais do mundial de Turquía, daquela cun resultado 64 a 77. Quedábanse a só trece puntos de diferencia das nortemaricanas.

Imaxe do partido de baloncesto feminino de España contra EEUU, en segundo plano, Lucas Mondelo observando a xogada dende o banquiño./ Foto: FIBA.
Imaxe do partido de baloncesto feminino de España contra EEUU, en segundo plano, Lucas Mondelo observando a xogada dende o banquiño./ Foto: FIBA.

Desta volta, no partido xogado o 8 de agosto as cousas foron máis complicadas. E o equipo de Mondelo caía cunha diferencia de 40 puntos ante o norteamericano: 63 a 103. Agora o seleccionador de orixe valdeorresa concéntrase no seguinte encontro da primeira fase dos Xogos, desta volta contra China. Será o mércores día 10 ás 17:15h.

Artigos relacionados

Back to top button