ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Un xabarín, gravado novamente á beira do Sil no Barco

Xabarín pola beira do río Sil.

 

Os xabaríns volven ser vistos de pola senda fluvial do Malecón do Barco. Xusto ao escurecer, unhas persoas que camiñaban onte, venres, pola beira do río Sil topábanse con este animal e lograban gravalo.

Este é xa a terceira ocasión, en apenas quince días, na que os nosos lectores nos fan chegar imaxes deste animal na vila barquense, tanto no paseo fluvial como tamén no Xardín Botánico.

Dende estas liñas, o noso agradecemento aos que gravaron e nos fixeron chegar estas imaxes para compartilas dende aquí.

Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button