ConcellosO BarcoÚltima hora

Un xabarín polo Xardín Botánico do Barco

 

Imaxe captada do xabarín no Xardín Botánico./ Cedida.

 

Os xabaríns volven pasear polo Barco. Hai un par de días foi na senda fluvial do Malecón, pero esta mañá foi en pleno casco urbano, no Xardín Botánico da vila. Un veciño que pasaba en bicleta pola zona arredor das 6:15 h. deste xoves 1 de xullo atopábase co animal, que se movía tan tranquilo polo lugar.

Fíxolle algunha foto de lonxe, pero dado a que esas horas aínda estaba moi escuro, non se aprecia moi ben o xabarín. Agradecémoslle a súa amabilidade ao enviarnos esta imaxe para compartilas dende aquí.

 

Imaxe de xabarín captada o pasado martes moi preto do Paseo do Malecón, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button