ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unha aguia protagoniza unha anécdota cunha gaiteira no Castelo do Bolo

A ave pousábase no gorro da moza durante unha exhibición de cetrería no festival de música tradicional

Na tarde do 14 de xullo o Castelo do Bolo acollía un bonito festival de música tradicional galega que xuntou a gaiteiros de diferentes partes do mundo, entre eles os membros da Escola de Gaitas do Concello de O Bolo e da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que pechaban o acto tocando conxuntamente o Antigo Himno do Reino de Galicia.

E foi no momento previo a eser final, cando unha aguia de gran tamaño daba un pequeno susto a unha das gaiteiras. Como complemento ás actuacións musicais, o festival incluía unha exhibición de cetrería a cargo da compañía Rapiñas do Salnés. No patio de armas do castelo había varias aguias, pero foi a máis grande a que chamou a atención do público durante o seu voo. O propio adestrador aseguraba que malia estar adiestrada, a xente debía estar quieta e calada para non distraela e así o fixo, pero durante o pequeno percorrido ata o guante de Evaristo, o gorro dunha das gaiteiras da Real Banda chamoulle a atención pousándose sobre el (e quitándollo) antes de chegar ao seu destino.

Polas dimensións do animal e a forza que ten pudo ter sido algo máis, pero afortunadamente non pasou dun pequeno susto, unha anécdota para lembrar, especialmente pola moza.

Máis información e fotos na seguinte ligazón: https://osil.info/musica-tradicional-galega-e-cetreria-no-ii-festival-no-castelo-do-bolo/
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button