En portadaÚltima hora

Unha aperta a Trevinca para celebrar o 13 de xuño o Día da Montaña Galega

Este percorrido, que cumpre xa 18 edicións, será organizado polo Club Montañas de Trevinca

Actividade organizada anteriormente no macizo de Trevinca polo Club Montañas de Trevinca./ Foto cedida.

 

O vindeiro 13 de xuño o Club Montañas de Trevinca (A Veiga) conmemorará cunha marcha a cima de Galicia o XVIII Aniversario de “Unha aperta a Trevinca”  e o Día da Montaña Galega. O percorrido partirá ás 9h. dende Vilanova (A Veiga) e o evento propiamente dito esté previsto entre as 13h. e 13:30h. en Pena Trevinca. Despois terá lugar o percorrido de volta ata Ponte, onde ás 18h. procederase á clausura da actividade.

“A celebración do Día da Montaña Galega quere ser o recoñecemento a unha abondosa natureza da montaña galega, simbolizada en Pena Trevinca como Cima de Galicia con seus 2.127 metros de altitude”, explican dende este club veigués, que con esta iniciativa aposta por “poñer en valor un excepcional territorio de montaña, con indubidables razóns, tanto botánicas como faunística ou xeolóxicas, pero sobre todo, conseguir o respecto e a protección real que merecen todas as nosas montañas galegas”.

As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade, con prazas limitadas, poderán facelo a través da web www.montanasdetrevinca.es ou no correo electronico club@montanasdetrevinca.es. O prazo límite para facelo será o 11 de xuño ás 15h.

Dende a organización advírtese de que “no momento da realización desta actividade deportiva e cultural deben cumprirse todas as normas de seguridade sanitarias indicadas polo Ministerio de Sanidade con relación ao Covid-19 para as actividades deportivas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button