“Do viveiro á copa” é o nome do evento co que na mañá deste sábado 20 de abril se rendía homenaxe aos viveiristas e enxertadores, en Vilamartín de Valdeorras. De aí que fose o máis lóxico rematar cunha cata.
Organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras e conducida pola enóloga e consultora Cecilia Fernández, orgullosa de estar “no meu concello”, o evento incluía a degustación de tres viños, dous de Vilamartín e un terceiro dunha parcela dese concello aínda que a sede non está nel.
Fotos: Mónica G. Bellver e A.R.
Vídeo: Mónica G. Bellver.