En portadaSanidadeÚltima horaVídeos

Unha celebración do Día da Enfermería chea de sorpresas no Barco

Publicidade

 

Música, mensaxes de agradecementos, emoción e, sobre todo, moitas sorpresas. Este 12 de maio celebrábase o Día da Enfermería e dende o Hospital Público de Valdeorras non quixeiron deixar pasar a ocasión e prepararon unha homenaxe moi especial para recoñecer o importante labor destes profesionais e destacar o seu labor na emerxencia sanitaria do coronavirus.

Neste acto, que comezaba ás 12:30h. participaban enfermeiras do Centro de Saúde do Barco e tamén do hospital, ademais doutros profesionais sanitarios. A esa hora chegaba unha comitiva moi especial ao centro hospitalario: a Policía Local e varias ambulancias facendo soar as súas sirenas e tras percorrer o centro da vila. Eran recibidos con moita emoción, entre aplausos e con carteis de agradecemento e con diversas mensaxes, entre elas, de consellos para loitar contra o COVID.

De seguido, soaba a voz e a guitarra do cantautor valdeorrés Sito, que interpretaba varias pezas, rematando a actuación con “Resistiré”, acompañado polo persoal sanitario. A celebración incluía tamén unha pequena exposición (obra de Laurarte) na entrada do hospital cun moral e doces (con mensaxes incluídas) e a intervención dalgunhas das enfermeiras, que comentaban o duro que foi enfrontarse á crise do COVID-19.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-enfermeria-barquense-pidelle-a-cidadania-que-non-baixe-a-garda-contra-o-covid-19/

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button