Este luns 19 de setembro ás 19:30h. a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá unha charla informativa sobre “Carrachas en Viana, novos achados”. Nela abordaranse estes vectores e patóxenos, as vellas e novas carrachas, como protexerse das enfermidades que transmiten e que ter en conta.
Esta acción divulgativa está organizada polo persoal sanitario do Centro de Saúde de Viana, así como polo do PAC de Viana e Vilariño de Conso. Nela intervirán a doutora Isabel Vidal, o doutor Francisco E. López e o enfermeiro Suso Vilasánchez.