ConcellosEntroido 2024O BarcoÚltima horaVídeos

Unha concorrida queima do Meco pon fin ao Entroido do Barco

 

Á luz das candeas, entre choros e con coplas, ben aderezadas de sátira, arrancaba pasadas as oito e media da tarde a procesión co Meco, portado por catro veciños, dende a praza Maior do Barco. Os oficiantes da cerimonia do “enterro da sardiña”, encarnados por Manuel Caramés e Manuel González, recitaban con voz solemne durante o percorrido polo casco vello, versos que facían un repaso en clave humorística pola actualidade local, con mencións á caída da imaxe de San Mauro no día da súa festividade ou aos allos empregados polo CD Barco para afastar á mala sorte, pero tamén a nivel nacional e internacional, con alusións a conflitos como o que asola Palestina ou a guerra de Ucraína.

 

 

A procesión, na que se contaba coa colaboración da Policía Local, concluía nunha ateigada praza Maior, onde se procedía á queima do Meco, en medio dunha gran expectación. Despois repartíanse chourizos entre os asistentes.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button