DeportesÚltima hora

Unha de cal e outra de area para o Auriense F.G. ante Irmandinhos da Estrada

O equipo feminino vencía 46 (13-7)-48 (12-12) mentres que o masculino perdía 34 (7-13)-16 (3-7)
O equipo masculino do Auriense F.G.

Cunha vitoria e unha derrota saldaba o Auriense F.G. os encontros de liga contra Irmandinhos da Estrada, aprazados polo temporal de hai dúas semanas.

O equipo feminino vencía por un axustado 46 (13-7)-48 (12-12) nun partido con moitísimas alternativas que, nos derradeiros compases do encontro, se inclinaba para o lado do conxunto ourensán.

O cadro masculino, pola súa banda, caía derrotado por 34 (7-13)-16 (3-7) nun encontro “moi disputado” que se rompía mediado o segundo tempo. Os ourensáns competiron contra o líder da categoría e “mostraron a liña ascendente de xogo desta tempada”, aseguran dende o club.

A vindeira fin de semana disputarse no Campus Universitario de Ourense, o último encontro da primeira fase contra os equipos de Keltoi de Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button