ConcellosO BarcoÚltima hora

Unha estrela de Nadal moi especial que xa loce no Barco

 

Dende hai días o exterior de numerosas casas, tanto os balcóns como as fiestras e portas, están adornadas para darlle a benvida ás vindeiras festas do Nadal. Algúns deses adornos son mercados, pero outros son feitos a man con gran esforzo e agarimo. É o caso desta estrela de luz, creada por  Jesús e o seu fillo Sergio e que está situada en Villabril (O Barco).

Foi realizada con ferro reciclado e mide 6 metros de longo. A súa luz pode verse dende diferentes puntos do Barco, como é o caso do Malecón, e chama a atención de numerosas persoas.

Artigos relacionados

Back to top button