ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Unha feira amosará os proxectos de emprendemento e economía social do territorio, en San Xoán de Río

Será o domingo 20 de outubro na praza da Igualdade

O Concello de San Xoán de Río programa unha feira para o 20 de outubro, unha xornada lúdica coa que promove o talento rural amosando os proxectos de emprendemento e economía social do territorio.

Co convencemento de que “desenvolver proxectos de economía social e sostible no rural non é misión imposible”, o domingo 20 de outubro celebrarase na praza da Igualdade de San Xoán de Río unha feira para por en valor o talento rural a través de numerosas iniciativas que se están a desenvolver na comarca.

 

 

A inauguración será as 11 horas e nela as autoridades presentes poderán coñecer de primeira man todas as iniciativas sectoriais presentes na feira a través dos diferentes stands. Haberá ao longo de todo o día “actividades gratuítas de dinamización coas empresas e organizacións presentes, un monopoly rural e hinchables e música en vivo, da man do grupoThe Teta´s Van, para promover a conciliación”, adiantan dende o Concello.

A realización desta feria é froito da colaboración dos Concellos de San Xoán de Río e Boborás para promover a economía social a través dos fondos da Rede Eusumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Do mesmo xeito, este espazo busca “promover o papel da Muller na Economía Social e acrecentar o xerme emprendedor entre os mozos e mozas que están a formarse facendo que comproben de primeira man as posibilidades de emprender na economía social, a través das persoas convidadas a expoñer as experiencias e das entidades e proxectos participantes”.

Artigos relacionados

Back to top button