CulturaCulturaÚltima hora

Unha foto do barquense Sindo Novoa, na mostra “Historia dunha Leica de James Rhodes”

A exposición, xurdida a iniciativa deste pianista e do actor Javier Cámara, poderá verse do 14 de decembro ao 16 de xaneiro en Madrid

Imaxe de Sindo Novoa que poderá verse na exposición.

 

Hai apenas un mes, o pianista James Rhodes decidía, desde a súa conta de Twitter, propoñer o enviado de fotos e agasallar cunha cámara Leica Q2 ao autor da imaxe que máis lle gustase entre as remitidas antes do sábado 14 de novembro.

A resposta non se facía agardar, recibía máis de 11.000 chíos. Ante o éxito da convocatoria, Rhodes xunto ao seu veciño e amigo, o actor Javiér Cámara, propoñíalle a Leica Camera organizar unha exposición cunha selección realizada polo músico entre todas as recibidas.

Entre a listaxe final deses autores que formarán parte da exposición “Historia dunha Leica de James Rhodes” está o fotógrafo barquense Sindo Novoa que presentaba unha panorámica da Vía Láctea sobre o Faro de Punta Nariga.

“Enviei varias fotografías pensando que nunca as chegaría a ver, xa que ían como 400/500 respostas. Finalmente a Leica foi a parar a unha moza afectada de cancro e que está mostrando coas súas fotos como vai toda a súa enfermidade”, conta o barquense Sindo Novoa.

A mostra poderá verse en Leica Gallery Madrid ( rúa José Ortega e Gasset, 34) do 14 de decembro ao 16 de xaneiro de 2021, tal e como vén de anunciar Rhodes a través da súa conta de Twitter.

Artigos relacionados

Back to top button