Á luz dunha impresionante lúa chea unha vintena de persoas percorría na noite do 4 ao 5 de xullo Trevinca. Participaban na “XI Noite entre Lobos e Estrelas” por Trevinca, organizada polo Club Montañas de Trevinca. A marcha cubría unha distancia de 24 km, con fortes desniveis de ascenso e descenso, e cunhas 11 horas de duración.
O punto de partida era Vilanova (A Veiga), a unha altura de 1.127 m, á medianoite. Despois seguíase en dirección ao Pico Maluro e Camporraso (1.847 m), descendendo despois por Castro Veloso ata o pontón de San Xil, e continuando cara O Teixadal de Casaio e, finalmente, cara A Cabrita (Carballeda de Valdeorras), fin do traxecto.
Fotos cedidas polos participantes.