
Arredor das 13h. deste venres 16 de setembro producíase un accidente nun edificio situado nas proximidades do Hospital Público de Valdeorras.
Ata o lugar desprazábanse dous vehículos da Policía Local, así como o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, os bombeiros e Urxencias 061.
Tal como explican dende a Policía Local unha menor precipitábase dende un primeiro piso (4-5 metros), cando trataba de recuperar un obxecto que lle caera dende o balcón da súa casa a un tellado situado á mesma altura. “Ese tellado cedeu e a menor, de orixe marroquí, caeu sobre un coche que estaba aparcado e que en certa medida a salvou, porque de caer ao chan as consecuencias terían sido peores”, aseguran, indicando que cando eles chegaron a rapaza estaba consciente, sendo trasladada en ambulancia ata o hospital.