CulturaCulturaÚltima hora

Unha mostra reúne as creacións do programa “O Merendoiro” no Barco

Inaugurábase esta tarde na Casa do Río Cigüeño da vila

 

Dende este xoves 29 de xuño pode visitarse na Casa do Río Cigüeño do Barco unha mostra que reúne os traballos e creacións realizadas polas persoas participantes no proxecto “O Merendoiro”. Trátase dun programa de lecer alternativo e creativo que a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade do Concello do Barco de Valdeorras puxo en marcha o pasado mes de abril de 2023.

Nesta primeira edición estivo composto por un total de 9 obradoiros que superaron as 150 inscricións. Para saber como continuar, e coñecer os intereses que ten a mocidade do Barco de Valdeorras en relación ás oportunidades de lecer, abriuse unha enquisa de participación.

Entre o materia exposto poden verse creacións literarias, bordado de fotografía, ilustracións, etc. Esta primeira edición do programa foi posible grazas ao financiamento da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e o Instituto de la Juventud (INJUVE) do Ministerio de dereitos sociais e Axenda 2030.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button