OurenseÚltima hora

Unha muller ferida grave nun atropelo na rúa Pena Trevinca da cidade de Ourense

 

A Policía Local do Concello de Ourense vén de informar esta mañá dun atropelo na cidade neste xoves, 5 de outubro, ás 8.30 horas. O accidente producíase cando un guindastre-plataforma viraba á dereita na rúa Pena Trevinca cara á rúa Coruña e atropelaba unha muller de 72 anos, que cruzaba polo paso de peóns regulado por semáforos.

“A muller ferida está grave, segundo a primeira estimación de urxencia, e foi trasladada por unha ambulancia ao Complexo Hospitalario de Ourense. O condutor do vehículo deu resultado negativo nas probas de alcol e drogas”, tal e como informa a Policía Local.

Arestora estanse a investigar as causas do atropelo e a instruír o atestado de tráfico. “Coordinouse un amplo dispositivo na zona, con cortes e desvíos de tráfico para facilitar a asistencia sanitaria da vítima. A circulación restableceuse preto das 10:00 h.”, segundo a Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button