OurenseÚltima hora

Unha muller tiña que ser excarcerada tras chocar o seu vehículo contra unha casa en Gomesende

 

Na mañá deste martes 8 de outubro producíase un accidente no que se vía implicada unha muller cuxo vehículo chocaba contra unha casa en Gomesende, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que “os membros do GES de Celanova tiveron que empregar o material de excarceración para liberar á ferida do interior do vehículo”.

Pouco antes das sete e media un particular contactaba co 112 Galicia informando “dun vehículo que chocara contra unha casa en lugar Os Chaos, na parroquia de Poulo”. Nesta chamada, o alertante xa indicaba que “podería haber unha persoa atrapada no interior do turismo”.

Con esta información os xestores de emerxencias do 112 Galicia pasaban aviso aos membros do GES de Celanova que foron os encargados de excarcerar á muller; así como aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

“A ferida foi trasladada polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Complexo Hospitalario de Ourense”, aseguran xende o 112. Dende a Garda Civil engaden que “hai danos considerables na vivenda e que a muller daba negativo na proba de alcoholemia”, sendo o seu estado leve “cunha contusión leve na cara” e que “non facía uso do cinto de seguridade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button