EconomíaEconomíaÚltima hora

Unha nova aplicación para autónomos presentarse na Casa Grande de Viloira (O Barco) o 21 de novembro

Imaxe de arquivo do exterior da Casa Grande de Viloira (O Barco).

 

A Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA) presentará a Aplicación Ourentónomos, iniciativa que se desenvolve en colaboración coa Deputación de Ourense, ademais de en outras localidades (Carballiño, Allariz, Verín e Ourense) o martes 21 de novembro no Barco de Valdeorras, ás 13:45 horas. Casa Grande de Viloira (salón de actos) no Barco.

Ao finalizar a presentación resolveranse dúbidas e proporcionarase asesoramento aos asistentes. Ademais, abrirase un espazo networking para dialogar sobre as necesidades e retos dos autónomos.

Tanto a aplicación Ourentónomos como as sesións de presentación, asesoramento e espazo networking están ao dispor dos autónomos de forma gratuíta grazas ao apoio da Deputación de Ourense.

Para facilitar as tarefas de organización, da presentación na que colabora AEVA, requírese confirmación de asistencia no seguinte formulario: https://forms.gle/CpCYcDTTyaPyg3xD6

Artigos relacionados

Back to top button