SanidadeÚltima hora

Unha nova empresa asumirá dende novembro o contrato de seguridade dos hospitais de Valdeorras e Verín

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Desde este mes de novembro unha nova empresa asumirá o contrato de seguridade dos hospitais públicos de Valdeorras e Verín e que subrogará aos seus dez profesionais, dando solución legal a situación provocada polo abandono da empresa anterior (Mersant S.L.) e o impago das nóminas dos traballadores do que deberán responder ante o xulgado, segundo vén de informar o Sergas.

Coa nova contratación, segundo a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, “ponse fin á situación de emerxencia mediante a intervención do contrato ou “contratación ponte” do servizo coa empresa Protección y Seguridad Técnica S.A. (Prosetecnisa), empresa do sector que aceptou esta solución, promovida desde a administración sanitaria pública para o mantemento do servizo e o pago das nóminas dos traballadores desde o 26 de abril, ante o abandono e falta de comunicación da empresa anterior, e ata a nova adxudicación”.

Unha vez declarada a extinción anticipada do contrato e habilitadas as medidas provisionais, desde o día 27 de abril, iniciáronse os trámites para proceder á nova licitación, polo trámite de urxencia, do servizo de vixilancia e seguridade de ambos centros sanitarios, de acordo cos prazos e garantías de obrigado cumprimento.

“Con novo contrato que se formalizara en novembro, chegarase ao fin a unha solución, no marco da legalidade, para estes traballadores que garante os seus dereitos e a continuidade do servizo, tras meses de mediación e esforzos dende a dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria e dos distritos sanitarios”, segundo o Sergas.

Dende a Dirección de Recursos Económicos “non constaba impago de nóminas, desde a asunción do contrato por parte de Prosetecnisa S.A., ata datas recentes onde sí se está a producir un retraso, sobre o que se está solicitando información e resposta, a espera de que se corrixa canto antes esta situación”, asegura o Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button