OurenseÚltima hora

Unha persoa resulta afectada pola mala combustión cun calentador, no Carballiño

 

Na noite do domingo 5 de novembro, o persoal do Servizo Sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tiña que atender a dúas persoas que se presentaban con mareos nunha vivenda na localidade do Carballiño, segundo os datos do 112 Galicia, que indican que “unha delas foi trasladada nun primeiro momento ao Punto de Atención Continuada da localidade para, posteriormente, ser derivada ao Hospital Clínico de Ourense”.

Os feitos tiñan lugar nunha vivenda da Avenida de Pontevedra. Ao fío das 9:30 horas os servizos sanitarios solicitaban ao 112 Galicia a “colaboración dos profesionais de extinción e das forzas da orde, posto que, nunha vivenda había dúas persoas que necesitaban asistencia debido á mala combustión dun quentador”.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, á Policía Local, aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal da empresa subministradora do gas. Unha vez no lugar, os Bombeiros indicaron que “se tratou dun quentador de auga que expulsou monóxido de carbono, cortaron o subministro e procederon a ventilar”. Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmaba “o trasladado de tan só unha muller”.

 

Artigos relacionados

Back to top button