OurenseÚltima hora

Unha persoa resulta ferida ao arder a cociña dunha vivenda en Barbadás

 

Arredor das 14:25h. desta tarde de venres producíase un incendio na cociña dunha vivenda da Avenida de Celanova en Barbadás. Nel un home resultaba ferido ao sufrir queimaduras e era trasladado para recibir atención sanitaria, tal e como informa o 112 Galicia. O incendio deixou danos na campá extractora e no mobiliario da cociña da vivenda.

“Foi o propio dono do piso afectado quen alertou ao 112 Galicia da situación e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, do GES do Pereiro de Aguiar, da Garda Civil e da Policía Local”, segundo o 112 Galicia. Tamén se mobilizaba a Protección Civil de Barbadás.

Artigos relacionados

Back to top button