ConcellosRibas de SilÚltima hora

Unha persoa resulta ferida ao envorcar o seu coche sobre a vía do tren, no municipio de Ribas de Sil

 

Na noite do domingo 5 de febreiro, un home resultaba ferido ao envorcar o coche no que circulaba sobre a vía do tren en Ribas de Sil, tal como indican dende o 112 Galicia, explicando que “o varón puido saír do interior do vehículo sen a necesidade de que os medios de rescate utilizasen o material de excarceración” aínda que si foi necesario “interromper a circulación ferroviaria, nas proximidades do punto quilométrico 2 da LU-P-5302, ata que foi retirado o vehículo accidentado da vía ao fío das 1:00 horas”.

O 112 Galicia recibía alerta do sinistro a través dun familiar do home accidentado, uns minutos antes das 23 horas. Tamén contactou co 112 Galicia o implicado no sinistro que segundo indicaba, “perdera o control do coche por mor dos efectos da xeada na estrada”.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia solicitaban a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribas de Sil, da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da estrada e do persoal do Adif.

Artigos relacionados

Back to top button