A GudiñaConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida na Gudiña ao saírse da estrada e envorcar o vehículo que conducía

Publicidade

 

Pasadas as 15:15 horas deste martes 31 de maio producíase un accidente de tráfico na Gudiña. No Km 1 da estrada entre Vilariño e A Gudiña, a uns 150 metros do casco urbano, un vehículo todoterreo saíase da estrada e caía por un desnivel ata acabar envorcado.

 

 

Ata o lugar dos feitos desprazábase o equipo do GES da Gudiña, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061 cun médico e unha enfermeira.

Tal como explican os servizos de emerxencia presentes no lugar, o condutor e único ocupante do vehículo resultaba ferido leve sendo trasladado ata o hospital de Verín.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button