ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Unha persoa resulta ferida nun accidente no Covelo (Viana do Bolo)

 

Arredor das tres e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada OU-533 (A Rúa- Gudiña), á altura do Covelo (Viana do Bolo). Un vehículo saíase da vía e quedaba volcado, resultando ferido o seu condutor.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os profesionais sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias. Tamén acodían ao lugar a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Viana, así como os bombeiros do parque comarcal e os bombeiros do GES da Gudiña, se ben finalmente non foi necesaria a súa intervención. Ademais mobilizábase aos bombeiros do GES Valdeorras, pero cando xa estaban de camiño indicóuselles que non era necesaria a súa intervención e deron a volta

A persoa ferida era trasladada para recibir atención sanitaria.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button