A horta valdeorresa segue demostrando que é terra de bos produtos no que adoitan colleitarse fermosos exemplares.
Unha mostra é esta sandía de 18 kg colleitado por Jorge Brasa na súa horta de Veigamuíños, subindo cara Xagoaza (O Barco de Valdeorras), na que nesta tempada tamén recollía grandes tomates e outros produtos de tamaño considerable.
Non é de extrañar que este veciño do Barco se sinta orgulloso da súa horta coa que abastece á familia de produtos de calidade e, nalgunha ocasión, tamén aos amigos.