DeportesÚltima hora

Unha tripleta do Club Petanca Valdeorras faise co primeiro premio no torneo de Villafranca

Os seis membros do Club Petanca Valdeorras que participaron no torneo de Villafranca./ Foto cedida.

 

Unha semana despois de organizar a IV edición do seu campionato das Festas do Cristo, no Barco, o Club Petanca Valdeorras participaba con dúas tripletas no torneo de Villafranca.

Un campionato que se lle deu especialmente ben aos valdeorreses xa que a tripleta formada por Vicente, José e Ángel lograba traer o primeiro premio (tres xamóns) para O Barco. No caso da tripleta formada por José Fuertes, Bienvenido e Gabriel chegaba ata semifinais.

 

Artigos relacionados

Back to top button