ConcellosTrivesÚltima hora

Unha veciña de Trives gaña o sorteo do desconto de 6.000€ do 14º Salón do Automóbil, en Expourense

María Jesús Pájaro López recollendo o talón do desconto.

 

María Jesús Pájaro López, veciña de Trives, recibía no concesionario Louzao de Ourense o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ao mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (A.C.A.U.T.O.) e Expourense durante o 14º Salón do Automóbil Vehículo Novo e Vehículo de Ocasión) que se celebrou durante dúas fins de semana do mes de novembro.

Como xa é habitual, un dos principais atractivos desta cita era este desconto de 6.000 euros entre todos aqueles que mercaran o seu coche, tanto no salón do automóbil novo como no de ocasión. Entre os 266 vehículos vendidos, A.C.A.U.T.O. realizou o pasado 28 de novembro o sorteo ante Notario que deu como gañadora a María Jesús Pájaro López, que mercou en Expourense un Mercedes Benz Clase GLA 200 D novo no stand do concesionario oficial da marca na provincia, Louzao Ourense.

O cheque desconto era  entregado polo asesor comercial de Louzao, Rafael Estévez, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Artigos relacionados

Back to top button