Un total de 21 persoas de diversas zonas de Galicia e de León participaban na pasada fin de semana, no segundo obradoiro de fotografía creativa “Sen medo á cámara”, impartido por Estela Barone na Aula Uned da Rúa.
Tal como explican dende a Uned, o éxito da primeira edición levou a completar a formación en fotografía con este novo taller no que se “profundizou un pouco máis nos coñecementos aprendidos o pasado mes de marzo”. Un taller eminentemente práctico. O retrato, prácticas a escuras e xogando coa iluminación, traballo cos sentidos, fotografía sensorial, a paisaxe,… Son algúns dos aspectos tratados, “sen esquecernos do teóricos de composición, a cámara, medición, balances de contrastes, etc.” conclúen dende a Uned.
Fotos cedidas