A RúaConcellosÚltima hora

Unha vintena de persoas asisten á sesión formativa sobre o uso de caixeiros na Rúa

A acción enmárcase no plan de capacitación de persoas maiores de ABANCA, en colaboración con Cruz Vermella Valdeorras

 

Continuando co plan de capacitación de persoas maiores de ABANCA, na tarde do mércores 27 de novembro celebrábase unha nova sesión formativa, desta volta na Rúa.

No que vai de ano, na terceira edición do programa realizáronse 57 xornadas de formación en diferentes puntos da xeografía galega. No caso da Rúa tiña lugar na Sala Multiusos do Concello onde se deron cita unha vintena de persoas atendidas polo formador Marcos Patricio e polo coordinador institucional de ABANCA en Ourense Mateo Alonso.

A actividade, titulada ‘Caixeiros e prevención de fraude e ciber seguridade’ centrouse no uso de caixeiros de forma segura e fácil, estruturada en dúas partes, unha teórica e outra práctica, co fin de ofrecer aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e mostrarlles o sinxelo que resulta facer esas xestións a través dunha demostración no propio dispositivo. Tamén se lles facilitaron consellos básicos de seguridade, sobre banca móbil resolvéndose todas as dúbidas expostas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button