OurenseÚltima hora

Unha vintena de postos de Artesanía de Galicia participan na feira de Ourense

 

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañada pola xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, e o director do Centro de Referencia Nacional de Artesanía, Antonio Suárez, visitou esta mañá a XXVI Feira de Artesanía de Ourense, que estará aberta ata o domingo 7 de maio na rúa do Paseo, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, en colaboración coa Xunta.

Na edición deste ano participan como expositores 19 obradoiros de Artesanía de Galicia e un procedente de Asturias, especializados no traballo coa xoiería, cerámica, esmaltes, marroquinería, téxtil, bixutería e arranxos florais. Os obradoiros de Artesanía de Galicia son Xakarandá (Marín), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), La Aguada Artesanías (Ribadavia), Mario López (Vigo), Silvereira (Ames), Zimzelatum (Gondomar), Montse Betanzos (O Grove), Paz Navas (A Coruña), A Sariña Maquinando (Ourense), Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Geli Fraga (Cambre), Noga Arts Joyería (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Taller Viola (Oza-Cesuras), Cerámica Ferreira (Vigo), Las Flores de Greta (Gondomar), Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa) e María Aba (Ourense).

Na programación de actividades inclúense tres talleres de artesanía en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. O martes 2 de maio a cesteira Julia de la Cal impartirá un taller de cestería caótica; o mércores 3 de maio haberá un taller de La de ovella autóctona, a cargo da artesá Teté Mareque, o venres día 5 será a quenda do luthier Marcos Domato, e o sábado 6 haberá un taller con Olería do Batán.

 

Artigos relacionados

Back to top button