EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Unhas 1.300 persoas asisten ao esperado xantar do Botelo, no pavillón de Calabagueiros

 

“Había ganas de festa e aínda máis de botelo”, dicía a concelleira de Cultura do Barco Margarida Pizcueta no peche do pregón, no Teatro Lauro Olmo, e media hora despois a asistencia no pavillón de Calabagueiros para o xantar, dáballe a razón.

 

 

Tras dos anos se celebrarse por mor da pandemia, na xornada deste sábado 21 de xaneiro O Barco de Valdeorras recuperaba por todo o alto unha das súas citas estrela, a Festa do Botelo que cumpría XXI edicións.

 

 

Coma sempre o programa comezaba co pregón, presentado por Fátima N. Delgado e coa actuación do Orfeón Valdeorrés; a mención de honra a Adela Pombo e a intervención do pregoeiro, Federico Pérez Rey. E xa a partir das 14:30h. eran as portas do pavillón de Calabagueiros as que se abrían para acoller aos 1.300 comensais que alí se deron cita.

 

 

Ademais do pregoeiro e da homenaxeada coa familia e amigos, ao xantar oficial acudiron coma sempre alcaldes da bisbarra (da Rúa, Petín, Vilamartín,…), o senador Miguel Bautista e os representantes da Confraría do Butelo de Bragança na zona de Tras os Montes (Portugal), entre outros. Tampouco faltaron veciños e visitantes que tiñan xa a súa entrada dende o mesmo día que se puxeron á venda (sábado 14 de xaneiro). Xente de todas as idades que degustou un menú no que se empregaron 880 quilos de botelo, acompañado de 150 quilos de chourizo, 500 quilos de patata e 500 quilos de verdura. Ademáis, 700 botellas de viño e, de sobremesa, 150 bicas e 60 tortas de roxóns.

 

 

Como en edicións anteriores a comida estivo amenizada polos grupos que máis tarde participarán na V Foliada e Cantos de Taberna polos bares da vila, entre eles Macizas Centrais, Os do Venres, Abertal ou Os Parrandas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/un-divertido-e-animado-pregon-pon-en-marcha-a-xxi-festa-do-botelo-do-barco/

 

 

Artigos relacionados

Back to top button