






























































Con gran alegría e animación logo da última celebraba no ano 2019, antes da pandemia, a Asociación das Adegas de Oval (no concello de Rubiá) recuperaba na tarde-noite do sábado 19 de agosto a súa convivencia que reunía a unhas 1.400 persoas.

En total eras dez as adegas que abrían as portas nesta XII edición, repartindo entre os asistentes unha gran variedade de pinchos á parte do viño: empanada, chourizo, queixo, salchichón, xamón serrano, orella, tortilla, ovos cocidos,… e as tradicionais roscas xa de noite.
No momento de comezar o percorrido era a charanga “Amanecer Os Charangaiteiros” a que amenizaba o ambiente pero xa a partir das 23 horas era A Boa Festa a que poñía o ritmo ata a madrugada.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.
20 de Agosto de 2023