ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Unhas 120 persoas na cea-magosto de Vilela (A Rúa)

A asociación de veciños organiza cada ano a tradicional cea coa castaña asada como postre

En plena tempada de bullotes vanse sucedendo os magostos nas distintas localidades, barrios e colectivos veciñais. Tal é o caso de Vilela, no concello da Rúa, que na noite do 5 de novembro celebraba a súa tradicional cita gastronómico-festiva á acudiron unhas 120 persoas.

Os maiores xa facían cola dende antes das sete e media, mentres que os máis novos ían chegando conforme se aproximaban as nove. Ao final, xuntáronse todos no local e na carpa veciñais para degustar o menú preparado pola directiva da Asociación de Veciños de Vilela: empanada, chourizo con pan e a prezada castaña asada da que se degustaron uns 60 quilos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button