Entremeses ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e ensalada, postre, café e licores. Foi o completo menú que degustaron as 150 persoas que asistiron a esta edición da Cea Popular de San Antón, en Fontei ( A Rúa).
Despois de tres días de festas con cultos e música de diferentes estilos, na noite deste sábado 15 de xuño chegaba un dos pratos fortes do programa de San Antón. A cea tiña lugar coma sempre nun lateral do adro da igrexa de Fontei, elaborada e servida por Mantesil. E mentres os comensais daban boa conta do menú, na praza Enriqueta Casanova a Discomóbil Chocolate preparábase para amenizar a verbena.
A festa remata mañá, domingo 16 de xuño, coa sesión vermú amenizada pola orquestra Miramar que actuará tamén en sesión de tarde e norte.
Fotos: Mónica G. Bellver.




