EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unhas 150 persoas desfrutarán da II Velada dos Sentidos de Godeval

Celebrarase o vindeiro 7 de xullo a partires das 20h. nos xardíns desta adega en Xagoaza (O Barco)
Asistentes á primeira edición da Velada dos Sentidos nos xardíns de Godeval en Xagoaza (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Da man dos viños, a gastronomía e a música jazz ao aire libre e entre viñedos desenvolverase a II Velada dos Sentidos de Godeval en Xagoaza (O Barco). Unhas 150 persoas asistirán a este evento, previsto para o sábado 7 de xullo a partires das oito da tarde, que maridará os viños desta adega (godello 100%) coas melodías e a voz de Loli Nogueira no espectáculo “O sentimento do jazz”.

“Faranos sentir as raíces da música jazz a través dunha voz moi persoal e co adaptacións de grandes temas e outros propios. Neste concerto actuará cunha banda de tres músicos, ofrecendo un concerto para o público de calquera idade e condición”, sinalan dende Godeval.

No seu decurso os presentes poderán mercar os viños da adega (por copa ou por botella), comida elaborada polo restaurante barquense “Il Piacere” e tamén coctelería realizada polo prestixioso cocteleiro Diego Mosquera.

Dende Godeval tamén sinalan que as entradas (a un prezo de 15 euros por persoa, 12 euros no caso dos socios do Club de Amigos de Godeval) “están case esgotadas. As últimas dispoñibles poderán adquirirse unha hora antes do evento no xardín da adega en Xagoaza”.

Artigos relacionados

Back to top button