Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Unhas 150 persoas participan na 14ª Andaina Nocturna “Os Mouchos”, no Barco

 

Dende a praia fluvial do Malecón do Barco partía ás 23h. do 28 de xullo a 14ª Andaina Nocturna Os Mouchos, cunha notable participación. Unhas 150 persoas inscribíanse nesta marcha que desta volta suma uns 7 kms de distancia, cun desnivel positivo de 230 m.).

Antes de saír, os andaríns escoitaban con atención as instrucións e indicacións sobre o percorrido que lles daba o presidente do Club Peña Trevinca Barco. Desta volta o traxecto vai pola zona de Xagoaza e do Castro.

Os participantes levaban chaleco de seguridade e tamén frontal. Esta actividade estaba organizada polo Club Peña Trevinca Barco e contábase coa colaboración de Protección Civil do Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button