DeportesÚltima hora

Unhas 200 persoas de todas as idades celebran o Día da Bici en Trives

 

Multitude de bicicletas tomaban a partir das 12h. deste domingo 20 de agosto as rúas da vila de Trives. Ciclistas de todas as idades reuníanse na praza do Concello, primeiro para inscribirse (dende as 11h.) e logo para participar nun traxecto moi especial co que se celebraba o xa tradicional Día da Bici.

Esta iniciativa deportiva, pero tamén festiva e lúdica, ofrecía aos participantes dous percorridos: un curto de 1 km e outro máis longo de 5 km. Ademais, ao remate dos traxectos, procedíase ao sorteo de dúas bicicletas entre as persoas inscritas. Así no caso da bicicleta infantil resultaba agraciado o número 42, que pertencía á nena Itziar Cid; mentres que no dos maiores o afortunado que lograba a bicicleta era para Javier Gude, que tiña o número 172.

 

Itziar recollendo a bicicleta que lle tocaba no sorteo de mans do concelleiro de Cultura de Trives, José Luis Vidal.

 

En cambos casos as bicicletas eran entregadas polo concelleiro de Cultura de Trives, José Luis Vidal, na praza do Concello.

Esta nova edición do Día da Bici ten sido organizada polo Concello de Trives coa colaboración da Policía Local e de Protección Civil. Dende o Concello agradécese esta colaboración e tamén a participación dos ciclistas que se sumaban a esta cita deportiva trivesa.

Fotos cedidas.

 

Javier Gude, recollendo a bicicleta xunto ao concelleiro de Cultura trives.

Artigos relacionados

Back to top button