ConcellosRubiáÚltima hora

Unhas 250 persoas asisten ao xantar solidario de Manos Unidas en Rubiá

 

No mediodía deste domingo 21 de abril celebrábase o xantar solidario de Manos Unidas, no pavillón municipal en Rubiá ao que asistían unhas 250 persoas e no que había bocadillos de chourizo, salchichón e queixo, ademais de empanadas de atún e carne, tortilla de patacas e lacón. E, na sobremesa, unha gran variedade de doces caseiros,  ademais de café.

No decurso deste encontro instalábase un mercadiño con produtos e, ao final, tiña lugar unha tómbola cunha serie de agasallos doados por diferentes establecementos comerciais de Valdeorras.

 

 

A Delegación de Manos Unidas en Rubiá leva organizando este evento solidario dende o ano 2003 e nesta ocasión a recadación irá destinada a dous proxectos. Un na India, para mellorar a condición social de nenos vulnerables en dez suburbios dunha localidade; e outro ao que se unen con Manos Unidas de Astorga, para Cuba, para mellorar a seguridade alimentaria (auga, alimentos,…) para maiores en La Habana e Camagüey.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button